test
Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu asegura provisionalmente o Paseo de Agrelo ante ‘a...

O concello de Bueu asegura provisionalmente o Paseo de Agrelo ante ‘a desidia e a apatía de Costas’

- Anuncio -
  • Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou esta mañá as obras que consisten na distribución da área, na retirada de dúas árbores e no traslado de perpiaños para conter o derrubamento

Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou este luns a praia de Agrelo para comprobar os traballos que se están levando a cabo dende a semana pasada e que foron contratados polo Concello. Tal e como explica o rexedor “ante a desidia e a apatía de Costas do Estado por levar a cabo esta actuación, dende a alcaldía decidiuse acometer estes traballos para recuperar o areal nesta tempada estival”.

En febreiro deste ano, e debido ás fortes chuvias e mal tempo, un tramo deste paseo derrubouse. Dende o primeiro momento, o alcalde púxose en contacto co Xefe do Servizo Provincial de Costas, e incluso mantivo diversas reunións nas que insistiu en que era urxente o arranxo deste paseo, dado que é moi utilizado pola veciñanza ao longo do ano, cun incremento moi notable no verán. Pasados varios meses sen que Costas asumise as súas obrigas, o Concello comezou a pasada semana uns traballos de movemento de area para tapar a canle fluvial que atravesa a praia e  poder facer unha distribución da area para que estea nunhas condicións adecuadas para o seu uso na época estival, actuación que conta coa autorización de Costas. Estes traballos, que xa se levaban a cabo en menor magnitude ata hai dous anos, incluíron 10.000 metros de area movida, retirada de dúas árbores (unha xa caída e outra en perigo), e traslado dalgúns perpiaños para asegurar provisionalmente esa parte do paseo derrubada.

O alcalde, que estivo acompañado na visita polo arquitecto técnico municipal e polo encargado da empresa que realizou os traballos, declarou que “o Concello actuou con responsabilidade, aínda que seguimos demandando a Costas que asuma as súas competencias en canto á mellora integral deste paseo que une as dúas praias e que supón un quilómetro de distancia”, e de feito o rexedor solicitou a pasada semana unha reunión telemática coa Directora Xeral de Costas e do Mar do Ministerio para “cumprir unha demanda histórica que levamos dende este goberno”.

Estas obras forman parte do plan de acondicionamento do conxunto das praias, no que o Concello leva máis de 10 días traballando de forma intensiva, e que inclúe a dotación do socorrismo (que comezará a funcionar nos próximos días), a instalación de baños, a roza  dos accesos e dos areais, o arranxo das pasarelas e casetas…

Relacionadas

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto...

0
As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub”...

Máis de trescentas cativas e cativos participan nos campamentos de verán do concello de...

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta...

Festín de humor e circo para toda a familia con Dani Blanco e ‘La...

0
Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, música e malabares este xoves 4 ás 19.00 h na Praza da Mina Tomiño prepárase...

A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo de Música...

0
Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, convida ao...

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da Louriña

0
• A obra foi levada a cabo por operarios do departamento de Servizos  Municipais e consistiu na dotación dunha canalización de 380  metros e...

Publicacións Relacionadas