HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu celebra este sábado o Día do Orgullo LGTBI+...

O concello de Bueu celebra este sábado o Día do Orgullo LGTBI+ co programa “visibiliza Bueu pola igualdade”

- Anuncio -spot_img
  • O programa inclúe contacontos, presentación literaria, actuación de drags e curtametraxes pola diversidade
  • Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdade, destacou que “estamos diante dunha xornada festiva e reivindicativa a través da que queremos visibilizar a diversidade en Bueu con respecto e coidado”

O Concello de Bueu celebra o próximo sábado, 28 de xuño, o Día do Orgullo LGTBI+ cun programa de actividades a través dos que reivindicará a tolerancia, a igualdade e a dignidade das persoas lesbianas, gays, bisexuais,transxesuais e intersexuais. Baixo o paraugas de “Visibiliza Bueu pola igualdade”, a xornada acollerá durante todo o día en diversos espazos da Banda do Río actividades como contacontos, presentación literarias, actuacións de drags e curtametraxes. Para dar a coñecer todos os detalles, este xoves celebrouse a rolda de prensa coa presenza de Laura Ogando, concelleira de igualdade e benestar, e doutros representantes de colectivos colaboradores como a Libraría Abrente, Libraría Boulevar, as asociacións Can do Penedo e Banda do Río e a Asociación FICBUEU.

Laura Ogando salientou que “estamos diante dunha xornada festiva e reivindicativa a través da que queremos visibilizar a diversidade en Bueu con respecto e coidado”.

O programa de actos arrancará o sábado ás 11 horas cun contacontos pola igualdade a cargo da Libraría Abrente, no que se poderán escoitar os contos Monstro rosa, La niña que tenía dos papás e Familias no exterior do Estaleiro de Purro. A continuación, da man da Libraría Boulevar, presentarase o libro De óxido e diamantes, de Miriam Couceiro, unha obra na que se aborda a violencia nunha parella homosexual. Ás 13.30 horas, na pista da Banda do Río haberá unha sesión vermú coa actuación da Drag de Kettu Pinn.

Xa pola noite, ás 22.15 horas, da man da Asociación Ficbueu proxectaranse curtas pola diversidade no Estaleiro de Purro, cos títulos como “Victoria” de Daniel Toledo Saura, “Yulia & Juliet” de Zara Dwinger, “Maurice´s bar”, de Tom Prezman e Tzor Edery e “DANG WO WANG XIANG”, de Shuli Huang. Como remate, actuará DJ Drag Paul B na pista da Banda do Río.

Publicacións Relacionadas