Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O Concello de Bueu organiza este venres unha xornada sobre o pintor...

O Concello de Bueu organiza este venres unha xornada sobre o pintor Otero Baena

- Anuncio -
  • O Centro Social do Mar acollerá ás 20 horas a proxección dun documental sobre o artista e unha mesa redonda

O Concello de Bueu organiza este venres, 19 de xullo, unhas xornadas sobre o artista local José Benito Otero Baena, ‘Pepé’, que terán lugar ás 20 horas no Centro Social do Mar. Ao inicio do acto proxectarase o documental “Otero Baena. O pintor sen pinceis”, que foi elaborado a instancias do Concello de Bueu o pasado ano con motivo da convocatoria da primeira edición do Certame Otero Baena para Artistas Noveis. A continuación haberá unha mesa redonda, na que participarán Carmen García, concelleira de cultura, Beatriz de San Ildefonso, conservadora do Museo de Pontevedra, e os artistas Elena Bangueses e Antón Sobral.

O Concello de Bueu leva varios anos reivindicando a figura de Otero Baena, coa colaboración da familia. Falecido no ano 2017, era coñecido en Bueu a raíz do seu paso pola política e polo traballo na caixa de aforros, e no eido artístico foi considerado como o mellor espatulista da arte galega da época. Chegou a recibir unha bolsa da Deputación de Pontevedra para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, pero as obrigas laborais levárono a voltar á casa. Otero Baena considerábase un home de formación autodidacta que adoraba pintar paisaxes dunha gran variedade cromática.

Para poñer en valor o seu labor, o Concello descubriu no 2022 unha placa que se colocou na vivenda do autor na rúa Eduardo Vincenti nº9, moi preto da Casa Consistorial. O pasado ano creouse un certame co obxectivo de fomentar a creación artística entre artistas noveis, e tamén como unha forma de seguir reivindicando ao artista.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas