Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu organiza un Samaín terrorífico con actividades diversas para...

O concello de Bueu organiza un Samaín terrorífico con actividades diversas para a cativada

- Anuncio -

• O programa, que se celebra o 31 de outubro no Parque Ramal dos Galos, incluirá obradoiro de chapas terroríficas, decoración, animación dunha cabaza xigante, concurso de cabazas, contacontos e chocolatada

• Ademais das actividades organizadas polo Concello, outros colectivos participan con propostas para as datas previas

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e infancia e mocidade, organizará o próximo 31 de outubro unha xornada dedicada á celebración do Samaín, que terá lugar no Parque Ramal dos Galos con xogos e actividades diversas para a cativada e as persoas adultas.

Precisamente neste espazo presentouse hoxe o evento en rolda de prensa nun acto no que estiveron presentes Carmen García, concelleira de cultura e mocidade e infancia, e algunhas persoas integrantes de colectivos colaboradores, como a Asociación Amodiño, Costumes de Cela e a Libraría Abrente.

O Parque Ramal dos Galos, ao lado da recen habilitada Biblioteca Municipal Torrente Ballester, será o epicentro de todas actividades organizadas o próximo xoves, 31 de outubro, co medo e o terror como protagonistas.
A xornada arrancará ás 16.30 horas cun obradoiro de elaboración de chapas terroríficas, no que as persoas participantes poderán deixar voar a súa imaxinación e crear os seus propios deseños. Para esta actividade haberá dúas quendas, ás 16.30 e ás 17.30 horas, e as inscricións deberán facerse a través do correo electrónico cultura@concellodebueu.gal ata o 29 deste mes.

A continuación, ás 18.30 horas, Caxoto sorprenderá co espectáculo “Contos de medo que deixan durmir”, no que se presentarán personaxes sinistras que percorren pola noite os nosos camiños, como a Santa Compaña, a Morte, as magas, o Sacaúntos, o home lobo, os tronantes, as mouras etc. Ademais haberá animación para decorar unha cabaza xigante, un concurso de cabazas, chocolatada e todo iso acompañarase cun Parque decorado de forma terrorífica para a ocasión, coa recreación dun cemiterio, meigas etc.
Carmen García, concelleira de cultura, salientou que “este ano decidimos organizar dende o Concello unha proposta para esta data que cada vez é máis importante, e tamén queremos agradecer ao tecido asociativo local por sumarse con actividades complementarias”.

Máis actividades para o Samaín
A maiores, outros colectivos da vila organizan actividades para celebrar esta data. Tal é o caso da Libraría Abrente, que continúa cos contacontos o 26 de outubro. Ese día ás 12 horas, o Estaleiro de Purro acollerá unha sesión na que se presentarán os contos Una casa monstruosa, Hay un fantasma en esta casa, ¡Mira por la ventana!, Un dous tres, vampiro ti es e O noso Samaín. Dende Abrente animan ás familias a participar dado que “son contos en galego e castelán adaptados a todas as idades”, e tamén fan un chamamento a que acudan cos seus disfraces ou elementos desta data.
O día 26 hai propostas en Cela e en Beluso. A Asociación Amodiño organiza no Pavillón de Beluso unha serie de actividades paralelas para todas as idades. Entre as 17 e as 20 horas, haberá nos diversos espazos un túnel do terror, manualidades terroríficas (de decoración e pintacaras), e xogos en familia. O custe é de 3 € e requírese inscrición previa.
Pola súa banda, en Cela haberá un magosto coa Asociación Costumes de Cela, que terá lugar a partir das 16.30 horas no Adro da parroquia. Nel haberá castañas de balde, animación, xogos tradicionais, obradoiro de magosto, inchables e bebidas a prezos populares.

Relacionadas

Arranca o obradoiro “O Noso Encontro co Emprego” no que 16 mozos formaranse mentres...

0
• Ata o vindeiro mes de outubro de 2025 o alumnado recibirá formación en albanelería e carpintería de madeira O Porriño acolleu hoxe a presentación...

O Rosal celebrará Samaín entre enigmas e castañas

0
O Concello organiza o vindeiro 31 de outubro un xogo de pistas ao aire libre para toda a familia. A xornada rematará cun magosto...

A concellería de Igualdade de Baiona organiza charlas e talleres gratis centrados en saúde...

0
A concellería de Igualdade do Concello de Baiona organizará charlas e talleres gratuítos que se centrará na saúde feminina dentro da programación Baiona Lila...

O Grupo provincial do PP solicita o mantemento da gratuidade dos bonos de media...

0
• Os deputados provinciais populares veñen de rexistrar unha moción na Deputación de Pontevedra onde indican que os cidadáns da provincia, ao igual que...

A agrupación socialista de Vilagarcía esixe ao PP que “cumpra coas demandas históricas aínda...

0
José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, visitou a capital arousana para respaldar as reivindicacións e destacou a importancia de construír a estación...

O PP de Pontevedra acusa ao ministro Óscar Puente de ter paralizada e illada...

0
A senadora popular Nidia Arévalo denuncia a tardanza na posta en marcha das obras de mellora do túnel do Folgoso, que afectarán ao tráfico...

Publicacións Relacionadas