Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu recibe aos 7 nenos e nenas saharahuís que...

O concello de Bueu recibe aos 7 nenos e nenas saharahuís que pasan este verán no Morrazo con ‘Vacacións en Paz’

- Anuncio -
  • Félix Juncal destacou que “estamos moi contentos de apoiar este fermosísimo proxecto que supón que estes nenos e nenas poidan ter unhas vacacións diferentes co que tamén transmitimos as nosas culturas”

O salón de plenos do Concello de Bueu recibiu este martes, 9 de xullo, aos sete nenos e nenas saharauis que gozan este verán na comarca no marco do programa “Vacacións en Paz” que organiza a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). Félix Juncal, alcalde de Bueu, destacou que “estamos moi contentos de apoiar este fermosísimo proxecto que supón que estes nenos e nenas poidan ter unhas vacacións diferentes co que tamén transmitimos as nosas culturas”. O rexedor fixo alusión ao “sorriso permanente que tedes nas vosas caras e que nos fai desexar que oxalá algún día todos os pobos do mundo poidan vivir en liberdade”. Pola súa banda, Laura Ogando, edil de benestar social e igualdade, salientou que “é importante este programa que permite os máis pequenos e pequenas estean coidados polas nosas familias e cos que tamén aprendemos da cultura do Sáhara”.

O Concello de Bueu deulles a benvida aos nenos e nenas e ás familias de acollida nun acto no que tamén lles fixo entrega dunhas mochilas e material para o curso escolar. No acto tamén participaron outros concelleiros e concelleiras da corporación municipal bueuesa.

O programa “Vacacións en Paz” é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, no que Galiza leva participando dende o 1991 ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade que os seus fillos e fillas gocen dunha estancia agradable, humana e cultural baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.

Algúns dos obxectivos que se perseguen nesta iniciativa promovida por SOGAPS están reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauís a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven, perfeccionar a aprendizaxe das linguas castelán e galega que estudan nos seus programas escolares, ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre, e evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto cando as temperaturas superan os 50º.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas