Home Pontevedra O Salnés O BNG de Vilagarcía demanda ao Goberno municipal que reclame a devolución...

O BNG de Vilagarcía demanda ao Goberno municipal que reclame a devolución das horas do persoal de limpeza en folga.

- Anuncio -

Levará ao vindeiro pleno un rogo para que reclame á empresa as horas non pagadas ás traballadoras da limpeza.

O día 10 de xaneiro as traballadoras da limpeza secundan unha folga para acadar uns salarios dignos no seu convenio colectivo e melloras laborais. Esta folga, que implica un sacrificio para este colectivo, que xa de por si está precarizado, leva consigo a diminución do salario das traballadoras, mentres que a patronal, e tras numerosas negociacións entre ambas partes, non atende as súas reivindicacións.

Para o BNG, as Administracións, neste caso o Concello de Vilagarcía, como principais contratistas destes servizos, consideran que non só deberían apoiar as reivindicacións das traballadoras, senón que deberían contribuír para que estas empresas que acadan beneficios disparados a conta do labor das traballadoras, e con contratos que financiamos todas e todos, deberían estar controladas.

É por iso, que o BNG levará ao pleno de hoxe un ROGO ao grupo de Goberno para que non contribúa a que unha empresa saque beneficios a conta dunha folga, seguindo aboándolle as horas que xa lle foron descontadas ás traballadoras nos días de folga e que reclame a devolución das horas non pagadas ás traballadoras, ou se lle retire directamente do vindeiro pago, para que así a empresa aínda por riba non saque beneficio dobre da folga das traballadoras.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas