HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis emite un bando para promover un...

O concello de Caldas de Reis emite un bando para promover un consumo responsable de auga

- Anuncio -spot_img

O documento lembra que non se debe usar auga da traída para regar xardíns e hortas, nin para encher piscinas

O alcalde, Jacobo Pérez, fai un chamamento á veciñanza e apela á colaboración e responsabilidade colectiva e individual á hora de previr restriccións ou cortes de subministro, nun contexto meteorolóxico marcado polas altas temperaturas e a escasez de choivas

O Concello de Caldas de Reis vén de emitir un bando municipal, a través do cal fai un chamamento ao conxunto da cidadanía para que se leve a cabo un consumo axeitado, responsable e racional da auga. O Goberno local fixo público este documento ante a situación meteorolóxica na que nos atopamos na actualidade, marcada pola escasez de chuvias e os episodios constantes de altas temperaturas. Ante a previsón de que, polo menos a curzo prazo, seguiremos tendo un verán seco, e ante a escasez progresiva de recursos hídridos nesta época do ano, o alcalde, Jacobo Pérez, apela “á colaboración e á responsabilidade individual e colectiva para garantir o subministro e o uso dun ben tan imprescindible como é a auga”.

O bando inclúe unha serie de medidas a realizar, co obxectivo de garantir unha utilización axeitada do subministro. Deste xeito, o Concello lembra que non se debe utilizra a auga da traída municipal para regar xardíns e horas. Ademais, íntase a evitar o lavado de vehículos e automóbiles fóra dos lugares habilitados para tal fin. Tamén está prohibido o enchido de piscinas con auga da traída municipal, salvo que exista unha autorización expresa previa. No apartado de recomendacións, a Administración local aposta por que se faga un uso eficiente da auga nas tarefas domésticas. “Son medidas que están chamadas a garantir o abastecemento de auga a toda a veciñanza durante os vindeiros meses”, explica Pérez Gulín, que incide en que a colaboración cidadá resulta indispensable nun contexto así “para previr posibles situacións de restriccións ou cortes, que se poderían ter que tomar se non se reduce o consumo”.

Neste sentido, cómpre lembrar que o Concello tamén está a realizar un uso responsable da auga no que a rego se refire, con tarefas reducidas ao mínimo imprescindible. Séguese a traballar en colaboración con Protección Civil e persoal municipal, sen facer uso do rego convencional. “Non tocamos a auga do Umia por unha cuestión de responsabilidade”, sinalou

Publicacións Relacionadas