HomeO MorrazoCangasO concello de Cangas xa ten rehabilitado outro parque infantil máis

O concello de Cangas xa ten rehabilitado outro parque infantil máis

- Anuncio -spot_img

Esta vez é o parque infantil de Irmandade da Fala

A apertura dun novo parque infantil, esta vez “Irmandade da fala”; vaise cumplindo o camiño marcado para o 2023 e conseguindo cumplir coas demandas que a veciñanza fixo chegar a alcaldesa neste últimos dous anos.

O Concello de Cangas conta cun total de 23 parques infantís en todo o termo municipal, creados no seu día para atender unha poboación diseminada en cinco parroquias. A meirande parte deles necesitan obras de mantemento que o Concello valorou en máis de 138.000 euros. Para poder atender estas carencias habilitou unha partida económica na proposta de orzamento para 2023, que non saiu adiante debido ao voto en contra do PP e do PSOE; ao igual que a modificación de crédito que liberaba fondos para atender os parques públicos.

Polo que por en funcionamento unha zona de ocio actualmente en desuso debido ao elevado deterioro dos elementos de xogo é moi reconfortante. Con moitas dificultades orzamentarias conseguir pouco a pouco a rehabilitación dos parques infantiles está sendo todo un reto de xestión, e ver que a pesar das trabas de dous partidos estamos conseguindo levar a cabo o proxecto, demostra que a xestión transversal é indispensable e as oposicións non poden ser destructivas pois o son para consecuencias a veciñanza, indica a Alcaldesa Victoria Portas.

Publicacións Relacionadas