HomePontevedraA ParadantaO Concello de Covelo impulsa as axudas municipais para o fomento da...

O Concello de Covelo impulsa as axudas municipais para o fomento da natalidade 2025.

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo vén de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas municipais destinadas ao apoio á natalidade no ano 2025, co obxectivo de axudar ás familias e fomentar o asentamento de poboación no municipio.

Esta iniciativa pretende contribuír a paliar o descenso demográfico que afecta especialmente ao rural galego e apoia ás nais e pais nos primeiros meses de vida das súas fillas e fillos, tanto por nacemento como por adopción.

As axudas acadan un máximo de 500 euros por cada nena ou neno nado ou adoptado entre o 30 de novembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025. O orzamento total destinado a esta convocatoria é de 4.000 euros con cargo aos fondos municipais.

Poderán solicitar estas axudas as nais ou pais que:

  • Estean empadroados en Covelo cunha antelación mínima de 9 meses á data do parto ou adopción polo menos unha das persoas proxenitora.
  • Manteñan o empadroamento efectivo durante dous anos tanto eles como as súas fillas ou fillos.
  • Teñan unha renda familiar inferior a 45.000 € anuais, ou ben unha renda per cápita inferior a 13.500 €.
  • Estean ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

O prazo para presentar solicitudes abrirase desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e permanecerá aberto ata o venres 5 de decembro de 2025.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no Rexistro de Servizos Sociais do Concello de Covelo ou a través da sede electrónica do concello de Covelo.

O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, salientou que esta medida pretende apoiar ás familias do noso concello e contribuír a fixar poboación.

Toda a información, modelos de solicitude e anexos están dispoñibles na páxina web do concello de Covelo www.concellodecovelo.es

Publicacións Relacionadas