HomeVigoMosO Concello de Mos abre o prazo de inscrición para a actividade...

O Concello de Mos abre o prazo de inscrición para a actividade extraescolar de inglés nos centros públicos de primaria

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos, a través da Concellería de Educación, pon en marcha un ano máis a actividade extraescolar de Inglés para o alumnado de primaria dos cinco centros públicos do municipio durante o curso 2025/2026.

As clases serán impartidas pola empresa AVANZA Servicios Escolares, S.L., con profesorado bilingüe e con ampla experiencia, garantindo unha formación de calidade adaptada ás idades e niveis do alumnado. O alumnado dividirase en grupos segundo o curso e unha proba de avaliación inicial, co obxectivo de manter grupos reducidos e adaptados ás necesidades dos participantes.

O horario das clases será o seguinte:

CEIP Atín: luns, 16:30 – 17:30 G1 (1º e 2º primaria) G2 (3º y 4ª primaria) / 17:30 – 18:30 G3 (5º e 6º primaria).

CEIP Petelos: martes, 16:00 – 17:00 G1 (1º e 2º primaria) G2 (3º y 4ª primaria) / 17:00 – 18:00 G3 (5º e 6º primaria).

CEIP Martínez Alonso: mércores, 16:00 – 17:00 G1 (1º primaria) G2 (2º primaria) / 17:00 – 18:00 G3 (3º e 4º primaria) G4 (5º y 6º primaria).

CEIP Pena Francia: xoves, 16:00 – 17:00 G1 (1º e 2º primaria) G2 (3º y 4ª primaria) / 17:00 – 18:00 G3 (5º e 6º primaria).

CEIP Mestre Valverde Mayo: venres, 16:00 – 17:00 G1 (1º primaria) G2 (2º primaria) / 17:15 – 18:15 G3 (3º e 4º primaria) G4 (5º y 6º primaria). O xoves, 17.15 a 18.15 G5 (5º e 6º de primaria).

O custo da actividade será de 5 € ao mes por participante. Os pagamentos realizaranse por domiciliación bancaria entre o 1 e o 5 de cada mes. As clases darán comezo o 1 de outubro de 2025 e prolongaranse ata maio de 2026, incluídos ambos os meses. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de setembro de 2025.

A inscrición será a través dos seguintes enlaces:

ATÍN:

https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS50c/course_reservations/new

PETELOS: https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS51c/course_reservations/new

MARTINEZ ALONSO:

https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS52c/course_reservations/new

PENA DE FRANCIA:

https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS54c/course_reservations/new

VALVERDE MAYO:

https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS53c/course_reservations/new

Para calquera dúbida ou apoio no proceso de inscrición, pódese contactar co teléfono 685 312 982 (Sara), indicando sempre o nome do alumnado, o centro e a persoa docente.

O Concello de Mos anima a todo o alumnado matriculado nos CEIPs públicos de Mos a participar nesta actividade, que contribúe a mellorar as competencias en inglés do alumnado e a promover un ensino complementario de calidade dentro do noso municipio.

Publicacións Relacionadas