Convocatoria Día de Rosalía

adminON
Lectura mínima de 1

Mañá martes, 20 de febreiro, ás 17.00 horas na Alameda Rosalía de Castro de Chapela presentaranse os actos vencellados á celebración do Día de Rosalía. Contaremos coa presenza do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, quen entregará a Redondela un camelio do xardín da Casa Rosalía que plantaremos na Alameda de Chapela. Ademais, como fixeramos na Alameda Castelao de Redondela, izaremos a bandeira de Galicia e contaremos coa participación musical do grupo de Chapela Semente Nova.

Unha vez máis o Concello de Redondela quere amosar “o seu compromiso con esta muller universal”, explica a alcaldesa Digna Rivas, e sumarase a unha iniciativa lanzada dende os institutos titulada “Unha semaniña enteira”, co reto de falar galego 24 horas durante unha semana (do 26 de febreiro até o 3 de marzo). Para apoiar esta campaña o Servizo de Normalización Lingüística promoverá varias accións nos centros de ensino, clubs deportivos, hostalaría, comercio, etc., que se detallarán no acto que se celebra mañá martes.

Comparte este artigo