O concello de Nigrán a instalación de sistemasde bombeos nas vivendas que o precisen para conectarse á rede de alcantarillado

adminON
Lectura mínima de 3

Destinará unha partida orzamentaria de 120.000 € para abonar o 100% do custe no caso de familias en risco de exclusión social e de entre o 50% e o 80% nos demais casos dependendo dos seus ingresos

O obxectivo é eliminar as fosas sépticas, polo que o Concello adiantará ao interesado o 80% dos gastos que lle supón o investimento

“Son unhas subvencións pioneiras no municipio. O obxectivo é eliminar as fosas sépticas e con elo erradicar os posibles problemas de verquidos e optimizar o funcionamento da rede de saneamento municipal”, explica o alcalde, Juan González

Esta axuda súmase á bonificación do 80% na cota de conexión de saneamento

O Concello de Nigrán estreará este ano a súa primeira liña de subvencións para a instalación de sistemas de bombeo de augas residuais nas vivendas que así o precisen. Con este fin, consignará 120.000 € de orzamento que poderán cubrir desde a totalidade do investimento no caso das familias en risco de exclusión social ata o 50% ou 80% no caso das demais dependendo dos seus ingresos. Adicionalmente, o Concello poderá adiantar o 80% do importe total da subvención co obxectivo de que ningún propietario quede atrás e realice as obras pertinentes.

“Son unhas subvencións pioneiras no municipio. O obxectivo é eliminar as fosas sépticas e con elo erradicar os posibles problemas de verquidos e optimizar o funcionamento da rede de saneamento municipal”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que, pese a que a rede xa chega practicamente ao 100% de Nigrán, hai propietarios que non se engancharon polo custe engadido que lles suporía esta instalación. Así, a axuda está destinada a calquera vivenda que, estando preto da rede de alcantarillado, realice o desagüe das augas residuais a unha cota inferior de esta e, polo tanto, precise de bombeo para a súa acometida, como pode ser o caso das situadas na rúa O Barco e Lavadoiro (Priegue), Angustias e Carregal (Nigrán) ou Pousa (Parada). No ano 2023 realizáronse 6 obras deste tipo, polo que se estima que con este orzamento de 120.000 € se poderá dar cabida a todas as solicitudes.

Así, tras a consignación orzamentaria, as bases das axudas serán publicadas no BOPPO para abrir o prazo de solicitude. A subvención comprenderá desde a adaptación do pozo ou arqueta do equipo de bombeo ata a adquisición e posta en marcha do mesmo, as obras de fontanería, instalación de tubaxes ou desmontaxe e demolición da fosa séptica.

Esta axuda súmase á bonificación do 80% na cota de conexión de saneamento, tal e como contempla a ordeanza fiscal ao respecto das vivendas que precisan a instalación de sistema de bombeo (en lugar de 1€ por metro cadrado de superficie construída é 0,20 €).

Comparte este artigo