Inclúe parada no mercado de Nadal de Ourense e o xantar en Allariz pode ser por libre ou a base de cocido nun restaurante concertado
O Concello de Nigrán organiza o domingo 14 de decembro unha excursión a Allariz con parada no mercado de Nadal de Ourense. O prezo é de 7,26 euros por persoa (que inclúe o autobús e guía que acompañará ao grupo durante o percorrido). A maiores, ofrécese a posibilidade de, ou ben comer por libre, ou nun restaurante concertado de Allaríz con menú a base de cocido e cun prezo de 24 €. A inscrición é o xoves 11 de decembro de 9:00 a 13:00 horas na Oficina de Atención Cidadá do Concello e o interesado/a debe indicarse nese intre que opción de xantar desexa.
A vila de Allariz é recoñecida en toda España pola súa decoración de Nadal sostible, principio que rexe a súa ornamentación desde o ano 2017. A creatividade toma forma en diferentes escenas empregando material reciclado ou sostible, como madeira, algodón ou lá.



