Trátase do parque temático de Nadal máis grande de Portugal e o prezo total é de 8 €/persoa (menores de 3 anos, gratis). Teñen prioridade empadroados e familias con crianzas
O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o domigo 28 de decembro e a un prezo popular de 8 €/persoa (os menores de 3 anos non pagan). A inscrición será o xoves 18 e venres 19 de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Información do Concello de Nigrán estando limitada a 100 prazas que seguirán unha rigorosa orde de inscrición, sempre con prioridade para os empadroados en Nigrán e familias con crianzas. O prezo é de 8 en concepto de entrada ao parque, xa que o Concello sufraga o transporte. A hora prevista de saída é as 10:30 horas e a de chegada ás 22:30 horas.
Ubicado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos se adentren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas….



