O Concello de Nigrán abre mañán un prazo extraordinario para apuntarse á excursión a Lisboa e Óbidos o 16 e 17 de decembro

adminON
Lectura mínima de 1

O custo total é de 145 €/persoa en habitación dobre e ao quedar dez prazas dispoñibles habilítase o día de mañá para inscribirse

O Concello de Nigrán ofrece o luns e martes 16 e 17 de decembro respectivamente unha viaxe de Nadal a Lisboa con parada á volta en Óbidos para o que quedan aínda 10 prazas dispoñibles. O prezo é de 145 euros por persoa en hotel de 4 estrelas con habitación dobre (suplemento por habitación individual 35 euros). Inclue xantar do primer día (sairase desde o Concello ás 8:00 horas), cea, hotel con almorzo e xantar o segundo día, así como seguro e guía oficial. Os interesados poden inscribirse extraordinaramente mañá 5 de decembro de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Información Cidadá do Concello e o pago realizarase exclusivamente con tarxeta.

Comparte este artigo