O Concello de Nigrán abre o domingo parking da Ramallosa para favorecer a feira de oportunidades ‘Portobelo’ e ao ‘Flota como poidas’

adminON
Lectura mínima de 2

Os interesados en participar no concurso de artefactos flotantes teñen ata o venres 9 de agosto ás 12:00 horas para anotarse a través dun formulario web en www.nigran.es

Portobelo reunirá na Alameda de A Ramallosa a 24 comercios asociados a Ovalmi coas súas mellores ofertas a partir das 11:00 horas. Haberá inchables con auga e un carrusel para as crianzas

O Concello de Nigrán abrirá o parking municipal e gratuíto de A Ramallosa (rúa dos Argonautas, 36) o domingo 11 de agosto de 11:00 a 22:00 horas para favorecer a asistencia á feira de oportunidades ‘Portobelo’ e ao ‘Flota como poidas’, ambos eventos na contorna da Alameda. Neste sentido, compre sinalar que o Concello mantén aberta a inscrición ao concurso de artefactos flotantes ata o venres 9 de agosto ás 12:00 horas a través dun formulario web en www.nigran.es (entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas, diploma e agasallo sorpresa).

Como cada ano, o hilarante evento acuático que terá lugar ás 19:30 horas do domingo e que cada ano reúne a milleiros de persoas no esteiro de A Foz, coincide coa celebración da feira de oportunidades ‘Portobelo’ organizada por Ovalmi na Alameda de A Ramallosa. Así, de 11:00 a 21:00 horas un total de 24 comercios de venda ao público disporán de devanditos postos coas súas mellores ofertas. Ademais, durante toda a xornada haberá inchables con auga (recoméndase levar bañador) e un carrusel ecolóxico para o goce das crianzas mentras os adultos mercan.

“O parking municipal é gratuíto pero pecha os domingos coindicindo co descanso do comercio, por iso consideramos que hai que abrir este domingo: para favorecer as compras e a asistencia ao Flota como Poidas”, resume o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo