Están dirixidas a alumnos/as de Educación Infantil de colexios públicos de Nigrán e empadroados/as no municipio, podendo obter unha contía de 65 euros por neno/a
O Concello de Nigrán abre o prazo do 26 de agosto ao 13 de setembro (ambos incluidos) para solicitar axudas municipais para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar na segunda etapa de Educación Infantil no curso 2024/25 (bases publicadas no BOP de 23 de agosto). A contía é de 65 euros por cada neno/a e mantense o requerimento indispensable de que os/as beneficiarios/as sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos/as matriculados/as en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil, 2ª etapa, no curso 2024-2025. Os/as beneficiarios/as non deben superar o límite de recursos establecido.

