O Concello de Nigrán abre o prazo para inscribirse no primeiro campamento municipal que se ofrece no mes de agosto

adminON
Lectura mínima de 2

Desenvolverase de luns a venres no CEIP Humberto Juanes e os interesados teñen ata o 11 de Xuño para solicitar praza

O Concello de Nigrán ofrece por vez primeira un campamento municipal no mes de agosto que se engade ao tradicional de xullo cuxo proceso de inscrición xa rematou.

Este novo ‘Campamento de Verán II 2024’ organizado a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ten tamén como obxectivo favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza. O campamento dispón de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, desenvolvéndose desde o día 2 de agosto ata o día 30 de agosto, de luns a venres, no CEIP Humberto Juanes. O período de inscrición comeza o día 4 de xuño e finaliza o día 11 de xuño e os devanditos formularios e as propias bases poden recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá do Concello ou descargarse no taboleiro de anuncios (nigran.sedelectronica.gal / Tabolerio de anuncios).

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

Comparte este artigo