Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán abre o venres cun concerto múltiple no Auditorio...

O concello de Nigrán abre o venres cun concerto múltiple no Auditorio Municipal o Festival Internacional de Música de Raíz ‘Miñorsons’

- Anuncio -

Estarán presentes o grupo de Sardeña ‘Sonus Insulae Sardinia’, que mostrará o encanto da música insular de Italia; Danzbar de Suabia (Alemania), con danzas e ritmos tradicionis do sur xermánico; e o grupo galego anfitrión TradiSón

Trátase da segunda edición deste festival comarcal organizado desde a Mancomunidade co obxectivo achegar as músicas tradicionais do mundo á mocidade, por iso tamén se ofrecerán concertos didácticos nos centros da ESO e unha segunda actuación o sábado en Gondomar

O Concello de Nigrán abre este venres 8 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a segunda edición do festival internacional ‘Miñorsóns’, adicado a promover as músicas tradicionais do mundo en toda a comarca. Neste evento organizado entre a Mancomunidade do Val Miñor e o grupo anfitrión local ‘Tradisón’ estarán presentes ex-profeso o grupo de Sardeña ‘Sonus Insulae Sardinia’, que mostrará o encanto da música insular de Italia; Danzbar de Suabia (Alemania), con danzas e ritmos tradicionis do sur xermánico; e o miñorano TradiSón.

Como parte do obxectivo didáctico do festival e de promoción da música de raíz entre a mocidade, os grupos realizarán entre este venres 8 e o luns 11 concertos didáctos en todos os centros da ESO da comarca. O ‘MiñorSóns’ continúa cos mesmos grupos e A i-Real Banda o sábado 9 en Gondomar (Auditorio Lois Tobío ás 19:00 horas). Ademais, na vertente didáctica, sigue durante todo o domingo no Centro Cultural de Mañufe co relatorio ‘As formacións musicais na tradición galega’, por Xerardo F.Santomé da Asociación Folclórica de Gaiteiros da Xistra, unha mostra de instrumentos de Xurxo Jachía, foliada e xantar (inscricións ao xantar no Pazo da Escola de Gondomar antes do venres, cun prezo 20 €).

“Estamos moi orgullosos de abrir esta segunda edición de Miñorsóns con grupos de alto prestixio representativos de músicas vernáculas e animamos á veciñanza a que acuda ao concerto porque é unha oportunidade única, estamos seguros de que quedarán impresionados”, resume o alcalde de Nigrán, Juan González.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas