Home Pontevedra Baixo Miño Oia, sede do Primeiro Campionato Galego de Parapente Precisión

Oia, sede do Primeiro Campionato Galego de Parapente Precisión

- Anuncio -

Oia acolleu a pasada fin de semana o I Campionato Galego de Parapente Precisión, organizado polo Club Planeamos co apoio da Federación Galega de Aeronáutica (FAG) e a colaboración do Concello.

A competición desenvolveuse co obxectivo de promover, promocionar e incentivar o voo libre en parapente e estivo dirixida a pilotos licenciados pola Federación. Contou con dúas categorías de voo monopraza, unha xeral e outra feminina.

As persoas participantes despegaron desde o alto da montaña, na zona noroeste, e dirixíronse cara a diana situada na Estrada Vella, preto do Mosteiro de Oia, nunha contorna de beleza incomparable.

A competición contou con altas doses de emoción, así como de amplas demostracións de destreza e habilidade por parte dos e das pilotos en liza. Neste sentido, cabe destacar a exactitude á hora de calcular a caída, procurando aterrar xusto no punto onde estaba a diana. De feito, a precisión na aterraxe foi o factor determinante na avaliación de cada un dos voos.

Así as cousas, a clasificación quedou do seguinte xeito:

XERAL:

1.-Xulio Villarino (Club Parapente Ferrol).

2.-Diego Jalda (Club Parapente La Térmica).

3.-Diego Pimentel (Club Nortada).

FEMININA:

1.-Vanessa Feal (Club Parapente Ferrol).

2.-Mela Rodríguez (Club Parapente Ferrol).

A entrega de trofeos contou coa presenza do presidente da FAG, Miguel González, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e o concelleiro de Deportes, Modesto Pereira.

Na súa primeira edición, a actividade contou con moi boa acollida de participantes e tamén de público, que puido observar as habilidosas manobras dos deportistas e gozar da paisaxe oiense, dominada polo contraste entre o mar e a montaña. O Concello agarda que esta competición se consolide no calendario anual e que Oia siga a ser un destino referente nesta práctica deportiva.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas