Solicitaron a A.V.Monteferro-Panxón, o Centro Cultural Bolos da Carrasca, Asociación de Veciños de Camos e A Camoesa, o Centro Cultural de Priegue e o das Angustias
O Concello de Nigrán, como cada ano, fornece con máis de 300 kilogramos de castañas os magostos populares que se organizan no municipio. Así, todas as entidades solicitantes, a A.V.Monteferro-Panxón, o Centro Cultural Bolos da Carrasca, Asociación de Veciños de Camos xunto ao Centro Cultural A Camoesa, o Centro Cultural de Priegue e o das Angustias, recibiron ao redor de 60 kg por parte do Concello, investíndose preto de 900 euros. A maioría deles terá lugar tarde deste sábado 8 de novembro (Camos, A Carrasca e Panxón) e o o sábado 22 de novembro celebrarase en Priegue e As Angustias.
“Hai anos que optamos por achegar castañas a cada asociación que nolo pida en lugar de organizar desde o Concello un único magosto porque consideramos que é unha tradición popular galega que se debe preservar en cada barrio. Se algunha outra entidade decide celebralo tamén lle proveeremos delas”, explica o alcalde, Juan González.



