HomePontevedraBaixo MiñoTomiño prepara o concerto para a cativada máis rockeira

Tomiño prepara o concerto para a cativada máis rockeira

- Anuncio -spot_img

O guitarristas e cantante Pakolas desembarca este domingo 29 á Praza Pintor Antonio Fernández de Goián con ‘As máis molonas’

Ás 19.30 h e de balde ao abeiro do programa de lecer PequeVerán

Tomiño prepárase para facer vibrar á cativada con guitarras eléctricas, humor e moita marcha. A programación cultural de verán continúa con novas actividades para a cativada máis rockeira con Pakolas este domingo 29 de xuño ás 19.30 horas na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, un espectáculo pensado para público familiar con entrada libre.

O guitarrista e cantante desembarca en Tomiño con ‘As máis molonas’, unha festa musical chea de enerxía que recolle as cancións máis aclamadas polo público galego, cantadas e contadas. Neste concerto Pakolas guiará ao público coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical no que a interacción e a participación de nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo.

Esta actuación forma parte do programa PequeVerán, unha proposta cultural do Concello que inclúe unha ducia de actividades durante a época estival pensadas para achegar a cultura e o lecer á infancia, promovendo a súa creatividade e o seu amor polas artes dende a diversión e o encontro na rúa.

Publicacións Relacionadas