O Concello de Nigrán presente este venres 22 de novembro ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal (Praza de Fornes s/n) o derradeiro libro de poesía da viguesa Carmeliña García Pereira. A poeta galega radicada en Vigo inspírase neste último libro, ‘Un camino en el ocaso’, na familia, o amor e o desamor. O libro será presentado por Roberto Garrido, edil de Cultura.

