Home Vigo O Porriño 17 novas incorporaciós reforzan o persoal municipal

17 novas incorporaciós reforzan o persoal municipal

- Anuncio -

• As contratacións supuxeron unha inversión de 292.000 euros, dos cales 211.000 foron a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e 81.000 euros de aportación municipal

O Concello do Porriño incorporou hoxe a 17 traballadoras/es que reforzarán equipos en diferentes servizos municipais.

O Departamento de Vías e Obras conta desde hoxe con cinco incorporacións: un oficial 1ª de carpintería, un oficial 1ª de soldadura, un oficial 1ª de albanelería e dous peóns de obra pública. Pola súa banda, o Departamento de parques, xardíns e limpeza conta con seis novos peóns forestais. E para departamentos e instalacións municipais contase con tres conserxes, unha publicista e un analista de xestión e organización ou estatística.

Todas estas contratacións supuxeron unha inversión de 292.000 euros, dos cales 211.000 foron a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e 81.000 euros de aportación municipal.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, déronlle hoxe a benvida ao seu novo posto de traballo.

Ambos representantes municipais destacaron a oportunidade que estas incorporacións supoñen para activar o emprego e tamén para poder dar un mellor servizo á veciñanza. “O voso traballo é moi necesario e estamos encantados de que formedes parte do noso equipo”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas