HomeVigoNigránO concello de Nigrán acolle ata o sábado en Patos o Campionato...

O concello de Nigrán acolle ata o sábado en Patos o Campionato Europeo de Surf Adaptado

- Anuncio -spot_img

A praia é escenario por vez primeira desta competición internacional despois de catro anos consecutivos sendo Nigrán anfitrión do campionato de España

Un total de 70 surfistas de elite con diferentes discapacidades físicas e de 10 países de Europa competirán coas súas respectivas seleccións nacionais

Non podemos estar máis orgullosos de que Nigrán, coa praia de Patos, se sitúe no mapa mundial como sinónimo de inclusión”, indica o alcalde, Juan González, quen fixo coincidir esta mañá a proba coa ‘Copa Nigrán de Surf adaptado’, destinada a deportistas con diversidade cognitiva

O Concello de Nigrán vive un fito deportivo sen precedentes ao acoller o Campionato de Europa de Surf adaptado en Patos desde este mércores e ata o sábado (ou incluso o domingo se algunha proba hai que trasladala a este día por cuestións de olas). A inauguración tivo lugar esta tarde no propio areal co desfile dos 70 deportistas representantes das 10 mellores seleccións de toda Europa (España, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Suíza, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos e Reino Unido).

A competición internacional chega ao municipio tras ter sido sede durante 4 anos consecutivos do campionato de España e é posible grazas ao traballo conxunto da Federación Española e Galega de Surf xunto a todas as administracións (Concello, Deputación e Xunta), a Fundación Bimba y Lola e o club nigranés Quenlla, único en Galicia adicado á diversidade. O Concello financia unha parte a través da liña 2 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.

Os mellores deportistas paraolímpicos do continente participan clasificados entre as 8 divisións oficiais recoñecidas pola International Surfing Association (ISA) segundo o tipo de discapacidade: stand, kneel, prone, con discapacidade visual e máis. Francia e España, con gran traxectoria no parasurf, son os únicos países que acoden con todos os equipos completos, polo que son os que máis aspiran a podios. Na selección española destaca o único representante galego Dani Souto, cego de un ollo e actual campión de Europa en categoría V2 que busca revalidar o título, ou a supermedallista Sarah Almagro, surfista malagueña tetrapléxica con títulos mundiais e europeos en categoría Prone 2.

“Non podemos estar máis orgullosos de que Nigrán, grazas a praia de Patos, se sitúe no mapa mundial como un lugar sinónimo de inclusión, estamos realmente emocionados de acoller este evento. Este é o Nigrán para todos ao que sempre nos referimos”, indica o alcalde, Juan González, quen fixo coincidir esta proba coa ‘Copa Concello de Nigrán de Surf adaptado’ celebrada hoxe pola mañá e destinada neste caso a deportistas de toda a comarca con diversidade cognitiva. “Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal grazas ao asesoramento do grupo de expertos de ‘Un Nigrán para todos’ e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas de surf. Esta é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano”, subliña.

“Trátase da gran cita do surf inclusivo en Europa, que pon en valor a capacidade, o esforzo e o talento dos deportistas, ademais de reforzar o papel de Galicia como sede internacional de grandes eventos deportivos; unha oportunidade para vivir o parasurfing en primeira liña, celebrar a inclusión e gozar do deporte nunha contorna natural incomparable”, sinala Román Díez, presidente da Federación Española e quen destaca a valía dos participantes.

“É un reto para Nigrán e o afrontamos coa máxima ilusión, queremos ofrecer a nosa mellor imaxe, que se sintan queridos e arroupados, por iso animamos desde xa á cidadanía a que veña neses días a Patos porque recibirán unha lección de vida e de superación incribles”, reflexiona González. “O deporte transmite valores como o sacrificio, tesón, constancia… e no caso do adaptado máis, estamos moi orgullosos de ser anfitrións deste evento “, engade Luís Pena, responsable do club Quenlla.

Publicacións Relacionadas