Máis de 120 xogadores participan nesta final no Pavillón de Panxón con sete encontros simultáneos ás 9:30 e 14:45 horas e entrega de trofeos pola tarde.
O Club Escola Rosalía Peixes Vimar, que xa ten garantido o ascenso a Prata, busco agora o triunfo na liga. Será unha xornada de nervios e tensión ao xogarse moitos ascensos e permanencias, ademáis da clasificación.
“Nigrán foi un referente do bádminton galego na década dos 80 e 90 e cremos que este evento servirá para recuperar esa afección que sigue aí latente”, explica o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán será mañá sábado o epicentro do mellor bádminton nacional grazas á celebración da xornada final da liga Nacional Bronce no Pavillón Municipal de Panxón. Será un día de moitos nervios e tensión para máis de 120 xogadores ante os posibles ascensos e descensos de categoría, xa que a maioría dos 12 equipos chegados de toda España se xogan algo tras as xornadas anteriores celebradas en Sevilla, Huelva e A Coruña.
O Club Escola Rosalía Peixes Vimar foi o adxudicatario desta xornada por parte da Federación Española de Bádminton dado o interese por parte da entidade viguesa de recuperar o bádminton na comarca do Val Miñor, xa que a localidade que foi berce de grandes xogadores e xogadoras a través do Club Bádminton Nigrán, xa desaparecido. “Nigrán foi un referente do bádminton galego na década dos 80 e 90 e cremos que este evento servirá para recuperar esa afección que sigue aí latente”, explica o alcalde, Juan González.
Na competición participan os seguintes equipos: ADC Arroyo Tejada (Madrid), Recreativo IES A Orde (Huelva), Larios Rental Jorge Guillén (Málaga), CB Palencia (Palencia), CB. Valladolid (Valladolid), Club do Mar de San Amaro (A Coruña), Club Bádminton Hinojeros Granadilla (Tenerife), Tenzul El Rosario (Tenerife), Club Bádminton Riconada (Sevilla), Drop Valencia (Valencia), Club Bádminton Zamora (Zamora) e o anfitrión Club Escola Rosalía Peixes Vimar (Pontevedra). Nestes momentos a clasificación está encabezada polo Club Escola Rosalía Peixes Vimar seguido polo Recreativo IES A Orde e Club do Mar de San Amaro. O conxunto vigués co ascenso á División de Prata conseguido tentará nesta última xornada alzarse co triunfo na liga. Mentres que pola outra praza de ascenso loitarán IES A Orde, San Amaro e Arroyo Tejada como principais candidatos. Pola parte baixa da clasificación Valladolid e Hinojeros Granadilla parecen como os principais candidatos ao descenso directo aínda que tamén se atopan nunha situación perigosa Zamora e Larios Rental Jorge Guillén.
Os horarios dos enfrontamentos serán o sábado 13 de abril ás 9:30 horas e ás 14:45 horas. Podes consultar toda a información en https://www.badminton.es/sport/league/draw?ide=FCB5EADC-3D33-40DC-BE62-EC5F026FA833&draw=19
Este evento é patrocinado pola Federación Española de Bádminton e o Concello de Nigrán e conta co apoio do Consello Superior de Deportes, a Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Asociación Escola Rosalía de Castro e das firmas privadas da Federación Española de Bádminton, El Corte Inglés, Iberdrola, Loterías y Apuestas del Estado e Yonex.

