Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán acolle un ano máis o Torneo de RUGBi-PRAIA...

O concello de Nigrán acolle un ano máis o Torneo de RUGBi-PRAIA ‘Melgachos’

- Anuncio -

Un total de 200 xogadores de 20 clubes de toda a península desputarán este sábado en Praia América esta novena edición de senior e veteranos

O Concello de Nigrán acolle este sábado 20 de xullo en Praia América a novena edición do torneo de rugbi-praia ‘Melgachos’ organizado en colaboración co devandito clube vigués. Un total de 200 xogadores de 20 clubes senior e de veteranos de toda a península desputarán esta competición que, desde a súa orixe, ten lugar en Praia América, preto do aparcadoiro e o mercado multicultural. Así, desde as 11:00 e ata as 18:00 horas xogaranse uns 30 partidos cortos de 5 minutos de 5 contra 5. Para finalizar terá lugar o famoso ‘tercer tempo’ do rugbi, no que os deportistas confraternizan comendo e bebendo e, con este fin, a marca nigranesa Cervezas Banda, patrocinador do evento, terá unha barra instalada a pé de campo.

“Este torneo forma parte xa da identidade do verán nigranés, cada ano deixa imaxes espectaculares na nosa retina. O certo é que para o Concello é unha oportunidade magnífica para promover este deporte aínda minoritario en España e, ao mesmo tempo, é un orgullo ser a ‘casa’ de tantos deportistas que, nun ambiente festivo e moi saudable, compiten en Nigrán ante centos de afeccionados e de bañistas que se empapan de rubgi”, explicou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a presentación esta mañá con Nestor Torres, presidente do Melgachos, Andrés Toledano, de Cervezas Banda, e as concelleiras de Deportes e Festas, Sara Penedo e Cristina Dosil. 

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas