HomeVigoNigránO concello de Nigrán adianta a XIX Edición do NigranJazz para poder...

O concello de Nigrán adianta a XIX Edición do NigranJazz para poder recibir ao gran pianista estadounidense Aaron Parks

- Anuncio -spot_img

Celebrarase entre o 17 e 19 de Julio coa actuación estelar de Parks o sábado no esteiro de A Foz, sendo un dos grandes referentes do Jazz neste século e quen protagonizará tamén a tradicional master-class do mediodía

O director da Escola de Música Municipal de Nigrán, Manuel Cebrián, debutará o venres seguido do flamenco-jazz de Carmen Vela e o sábado tamén tocará o vibrafonista catalán Marcerl Pascual. As jams-sessións celebraranse ao rematar os concertos e o xoves no Malabar Pénjamo

O Nigranjazz volve a facer Historia ao subir ao escenario a un dos artistas máis recoñecidos a nivel mundial”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán

O Concello de Nigrán adianta este ano a celebración do Nigranjazz para ter o luxo de ofrecer a un músico de referencia no jazz mundial: o gran pianista estadounidense Aaron Parks. Así, esta XIX edición terá lugar do 17 ao 19 de xullo coa actuación estelar do devandito artista o sábado 19 precedido do vibrafonista catalán Marcel Pascual en quinteto. En total, serán catro concertos no esteiro da Foz con algúns dos músicos de jazz máis destacados do panorama nacional e internacional. A maiores, o venres 18 debutará un artista local no escenario principal, Manuel Cebrián, director da Escola de Música Municipal de Nigrán e quen presentará o seu primeiro disco, ‘Litet Steg’ e, na segunda actuación da noite, o festival abrirase ao flamenco-jazz da man do cuarteto da flautista madrileña Carmen Vela. Como é tradición, ao rematar os concertos haberá jam-sessions nun escenario no propio recinto e o xoves 17 no Malabar Pénjamo de Patos.

Esta nova edición, con cartel do nigranés Álvaro Cedeira, foi presentada esta mañá na nave de cervexas Banda en Porto do Molle, marca local que, un ano máis, patrocina este festival que conta tamén con financiación da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’. Como cada ano, será inclusivo e disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675. Fora do estrictamente musical, a nave da cervexeira acolle desde hoxe unha exposición que recopila os carteis de todas as edicións (Parque Empresarial Porto do Molle, Rúa do Labrego, 22, nave 5E).

“O Nigranjazz volve a facer Historia ao subir ao escenario a un dos artistas máis recoñecidos a nivel mundial, non cabe dúbida de que xa formamos parte destacada do circuito dos mellores festivais de jazz de todo o país, e iso nos enche de orgullo”, subliña o alcalde, Juan González, quen apostou pola creación do mesmo sendo edil de Cultura. “Parks ten a capacidade de evocar emoción e introspección a través da súa música, o que fai del un dos pianistas de jazz máis influíntes e respectados da súa xeración, é un luxo contar con el”, engade Felipe Villar, director artístico de Nigranjazz, quen non dubidou en mudar a data traicional de celebración (derradeiro fin de semana de xullo) con tal de poder contar con este artista no escenario. “É unha oportunidade única, tocará con dous músicos portugueses de referencia e será o protagonista da master-class do sábado ao mediodía no Auditorio, unha oportunidade imperdible de aprendizaxe para calquera músico interesado no jazz”, subliña.

Historia do festival

O Nigranjazz cumpre 19 anos sendo o festival máis lonxevo organizado dende o Concello de Nigrán e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do país debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música encabezados por Quin Alborés e manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Desde entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel, Jean Michel Pilc, Eve Cornelious, Jesse Van Ruller, Steve Cardenas, Yumi Ito, Ela Zirina, Camil Arcarazo, Irene Reig… Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos.

Publicacións Relacionadas