HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra este venres o Día Muncial da Saúde...

O concello de Nigrán celebra este venres o Día Muncial da Saúde Mental cunhas xornadas no cinema municipal da Ramallosa

- Anuncio -spot_img

Terán lugar os venres 10, 17 e 24 de outubro a cargo de tres psiquiatras, unha psicóloga e un traballador social, todos vinculados ao SERGAS e baixo a coordinación de Antón Seoane

O Concello de Nigrán celebrará a partir deste venres o ‘Día Mundial da saúde mental’ con tres xornadas a cargo de destacados profesionais do SERGAS os venres 10, 17 e 24 no cine municipal do Centro Comercial A Ramallosa ás 20:00 horas. Coordinadas polo médico psiquiatra xubilado Antón Seoane-P Montenegro coa colaboración do escritor e historiador Carlos Méixome, ambos moi vinculados coa comarca, o obxectivo destas charlas abertas a toda a cidadanía é ofrecer unha reflexión actual acerca da enfermidade mental.

“É unha oportunidade de ouro para obter unha reflexión certeira sobre as enfermidades mentais na actualidade, tanto para as persoas que a sofren como para especialistas, por iso estamos especialmente orgullosos de ser os anfitrións destas xornadas grazas ao traballo de Antón Seoane e Carlos Méixome”, valora o alcalde, Juan González.

Concretamente, o venres 10 de outubro o médico psiquiatra Sergio García Piñeiro abordará o tratamento hospitalario destas doenzas. Actualmente, García Piñeiro traballa na Unidade de Rehabilitación Psiquiátrica de Vigo, e antes estivo no Rebullón ou Nicolás Peña.

O venres 17 será o turno de Antón Seoane, médico psiquiatra do SERGAS xa xubilado e quen comezou a traballar no 1973 no ‘Sanatorio de Conxo’, polo que poderá ofrecer unha visión de primeira man sobre a ‘Vella e nova psiquiatría’. Seoane é un dos fundadores do Instituto Freudiano de Vigo (1979). A súa actividade clínica, sempre estivo relacionada co modelo asistencial do Hospital Público do Rebullón, tanto nas unidades de ingreso como ambulatorias.

O derradeiro día das xornadas, o venres 24, estará adicada á saúde mental e o tratamento ambulatorio e será a cargo de tres profesionais vinculados á unidade de saúde mental do Val Miñor (A Xunqueira). Concretamente, correrá a cargo de Miguel A.Miguélez Silva (médico psiquiatra), Saba Fernández Domínguez (psicóloga) e Amador Pajares Domínguez (traballador social). Miguelez Silva é doutor no Programa de Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola Universidade de Santiago, cun Máster en Xestión Clínica e Sanitaria en Saúde Mental e un Máster en Conduta Suicida. A psicóloga Saba Fernandez Dominguez ten un Master en Terapia Familiar-Sistémica e é especialista en Clínica e Psicoterapia Psicoanalítica. Pajares Dominguez, ademáis de colaborador do SERGAS, está implicado en diferentes entidades sociais do Val Miñor como é o caso da Asociación Avelaíña.

Publicacións Relacionadas