HomePontevedraO PP de Pontevedra esixe saber se o goberno de Lores manterá...

O PP de Pontevedra esixe saber se o goberno de Lores manterá as charlas do nacionalista Rogelio Santos tras dicir que Paula Prado “ten falta dunha bomba na cona”

- Anuncio -spot_img

• Pepa Pardo: “O BNG de Lores vai permitir que un home que se dirixe a unha muller dicindo que se merece que lle poñan unha bomba nos seus partes íntimas siga colaborando co Concello e mantendo as súas charlas do 15 ao 22 de novembro?”

• A secretaria xeral do PP de Pontevedra condena o “feminismo machista do BNG que permite barra libre de insultos e barbaridades cara ás mulleres que pensamos diferente”

A secretaria xeral do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, esixiu ao alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores e ao goberno local do BNG que aclaren se manterán a colaboración institucional co candidato número 4 do BNG ás eleccións europeas, Rogelio Santos Carballo, despois de que o nacionalista escribise en redes sociais que a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, “ten falta dunha bomba na cona”.

A número dous do PP na cidade referiuse particularmente á actividade ‘Mercado con xeito’, organizada polo Concello de Pontevedra, na que o candidato nacionalista participa actualmente cun ciclo de seis charlas. “O BNG de Lores vai permitir que un home que se dirixe a unha muller con semellante barbaridade, dicindo que se merece que lle poñan unha bomba nos seus partes íntimas, vai seguir colaborando co Concello e mantendo as súas charlas previstas para os días 15 e 22 de novembro?”, cuestionou.

“O falso feminismo do BNG, ou máis ben o feminismo machista dos nacionalistas que permiten barra libre de insultos e barbaridades cara ás mulleres que pensamos diferente, impídelles condenar con firmeza unhas palabras tan repugnantes do candidato nacionalista, limitándose a dicir que o comentario non lles representa”, engadiu a concelleira popular nunha crítica directa á “morneza” do Bloque e ao silencio do BNG pontevedrés #ante un ataque tan grave cara á secretaria xeral do PPdeG.

Publicacións Relacionadas