As inscricións xa están abertas ata o martes 14 de outubro a través de www.carreirasgalegas.com . O sábado terá lugar a subida cronometrada vertical e o domingo o trail curto, longo e andaina. As saídas e metas estarán situadas en Camos e Chandebrito
“O deseño do itineario é a mellor carta de presentación do noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’”, explica o rexedor, Juan González
O Concello de Nigrán celebra este 18 e 19 de outubro a terceira edición do seu trail ‘5 Miradoiros’, unha proba que fusiona deporte, natureza e vistas espectaculares. Este comezará o sábado pola tarde cunha subida cronometrada escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e continuará o domingo pola mañá desde Chandebrito con tres probas (trail longo, curto e andaina), pasando en todos os casos polas parroquias do interior do municipio (Camos, Chandebrito, Priegue e Parada) e coincidindo cos miradoiros de O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo. A inscrición para as diferentes modalidades está aberta ata o 14 de outubro a través de www.carreirasgalegas.com. A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e é puntuable no ranking galego.
“O deseño do itineario é a mellor carta de presentación do noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural”, explica o rexedor, Juan González, quen considera que esta proba deportiva “ é a mellor carta de presentación do noso patrimonio natural”.
Como nos anos derradeiros, haberá 4 tipos de probas. O sábado (17:00 horas) unha proba de ascensión de 3,5 km con saída escalonada e percorrido marcado con saída desde O Xuncido (parte baixa de Camos) á caseta dos cazadores, no cumio da parroquia, o que implica medio kilómetro en vertical.
O domingo 19 desde as 9:30 horas serán os trails, cun percorrido marcado con dúas distancias (25 e 13 km respectivamente), que compartirán boa parte do seu itinerario. As tres saídas serán desde o campo de fútbol de Chandebrito. Ademais, celebrarase unha andaina de 13’5 km. Todo rematará con un xantar popular para os participantes na parroquia de Chandebrito.