Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento

- Anuncio -

Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria, vestiario ou material funxible

Tamén permitirán investir en estudos e traballos técnicos para mellorar o servizo e os seus protocolos de actuación. Con esta medida, o goberno da Deputación quere implicarse especialmente na dotación de medios e de importantes melloras para o Consorcio

A Deputación de Pontevedra incorpora preto de 3 millóns de euros ao orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. Foi un dos asuntos que se aprobaron este martes no Pleno do Consorcio, integrado pola institución provincial e a Xunta de Galicia, e ao que asistiron o presidente da Deputación, Luis López (que presidiu a sesión) e mais os deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo. Os recursos proceden de remanentes do orzamento provincial de 2023 e neles destacan os máis de 2 millóns de euros dedicados á adquisición de vehículos.

No Pleno do Consorcio aprobouse, por unha banda, un suplemento de crédito de 279.000 euros que serán empregados para a adquisición de nova maquinaria, vestiario para o persoal dos parques ou material funxible para as intervencións. Tamén permitirán investir no encargo de estudos e traballos técnicos co obxectivo de mellorar o servizo e os seus protocolos de actuación. Con esta medida, o goberno da Deputación quere implicarse especialmente na dotación de medios e importantes melloras para o Consorcio. Ademais, tamén se aprobou un crédito extraordinario dotado de 2,5 millóns de euros para a adquisición de novos vehículos, a redacción de proxectos técnicos para investir na reposición dos edificios e outros investimentos asociados ao funcionamento operativo deste servizo.

Deste xeito, o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento pasa a contar cun orzamento de 7 millóns de euros para o exercicio 2024, cuxas maiores partidas se corresponden cos gastos de persoal (preto de 3,2 millóns de euros), investimentos (2,8 millóns de euros) e gastos en bens correntes e servizos (preto dun millón de euros).

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas