O Concello de Nigrán celebra o ‘Día da Árbore’ cunha plantación do CEE Juan María ao carón do muíño de Porto do Molle

adminON
Lectura mínima de 1

Xunto á Brigada Forestal Municipal e aos axentes medioambientais de zona plantaron 46 exemplares de diferentes especies autóctonas

O Concello de Nigrán celebrou esta mañá o ‘Día Internacional da Árbore’ cunha plantación de 46 exemplares xunto ao CEE Juan María no terreo ao carón do muíño de Porto do Molle, rehabilitado polo Concello de Nigrán. Así, unha trintena de usuarios traballaron xunto á Brigada Forestal Municipal, os axentes medioambientais da zona e o alcalde e a edil de Educación, Juan González e Estela Pérez, plantando bidueiras, serbais dos cazadores, pradairos, amieiros e abeleiras (estas dúas son especies propias dos bosques de ribeira, como é o caso). “Esta será unha zona de esparexemento marabilllosa, porque por unha banda está o muíño, por outra o paseo do río e, por outra, este espazo de bosque onde poremos bancos e mesas para estar aínda máis a gusto”, explica o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo