Praia América e Panxón amenceron sin un só burato, libres prácticamente de lixo e sen sinais de cacharelas grazas á campaña municipal de concienciación e a un dispositivo de vixiancia sen prendecentes
Os operarios de limpeza repasaron o areal ao completo en só 1,5 horas, cando o habitual tras a celebración era un mínimo de 5 horas para recoller desperdicios e tapar buratos coa escavadora
“Demostramos que se pode facer ben a festa, sen danar ao ecosistema. Temos o orgullos de ser o primeiro goberno local de Nigran e seguramente de Galicia en desenvolver unha campaña ao respecto, e quedou demostrado que foi un gran acerto”, sinala o alcaldeA Policía Municipal informa de que só se detectaron media ducia de cacharelas entre as 2:00 e 3:00 da madrugada, procedendo as autoridades á identificación dos infractores
Día histórico de San Xoan en Praia America e Panxón ao amencer sin un só burato e cun 95% menos do lixo habitual nesta data. O Concello de Nigrán celebra o enorme éxito da súa campaña municipal de concienciación ambiental #SanXoanSenLixo, desenvolvida desde o ano 2019 e que este ano incluíu un dispositivo de vixilancia sen precedentes con advertencia de sancións para conquerir este fito. Como recordou o Concello todos os días atrás, as únicas fogueiras autorizadas nos areais eran as dúas que históricamente confeccionan a Comisión de Festas e o Concello en Panxón.
“Demostramos que se pode facer ben a festa, sen danar ao ecosistema, e nese sentido temos o orgullos de ser o primeiro goberno local de Nigrán, e seguramente de Galicia, en desenvolver unha campaña ao respecto; resultou evidente que foi un gran acerto. A partir de aquí non haberá nin un só paso atrás, voltamos a orixe da festa de San Xoan, a unha celebración medioambientalmente sostible”, sinala o alcalde, Juan Gonzalez. Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xerado cada ano polos miles de asistentes, máis dun 95% foi depositado polos usuarios nos contedores fora da praia, e grazas a estar todo recollido e libre de buratos, os operarios municipais remataron o seu traballo en escasa hora e media, estando a praia lista ás 9:00 (anteriormente o labor se extendía máis alá do mediodía). “Panxón amenceu limpo, e a pouca basura localizada estaba cara Praia America, pasado o río, pero nada comparable a outros anos”, insiste o rexedor, quen acompañou pola tarde ao grupo de voluntariado ambiental do Concello que repartíu bolsas de basura co lema da campaña á rapazada asentada xa no areal..
A Policía Municipal informa de que só se detectaron media ducia de cacharelas entre as 2:00 e 3:00 da madrugada, procedendo as autoridades á identificación dos infractores, unha cantidade de fogatas anecdótica grazas á prohibición expresa de facelas (normalmente cada pandilla facía unha no medio dun gran burato, así que eran centos e centos).
O Concello de Nigrán dispuxo dun dispositivo de vixiancia sen precendentes na historia co obxectivo de que a festa non afectase ao ecosistema natural de Panxón e Praia América. Así, ao despregamento record de 2024 engadíuse por vez primeira a Unidade de Mando Avanzado (UMA) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA). Na práctica, supuxo que aos drons do equipo Pegaso da Guardia Civil estreados no 2024 se sumaron desde o mediodía outras 7 cámaras móbiles por todo o areal e un dron cautivo que reproducía imaxes en directo para este posto de mando especial integrado por efectivos dos diferentes corpos de seguridade. En total, vixiaron coordinadamente o areal preto de 200 persoas repartidas entre o persoal ao completo de Policía Local e Protección Civil, Guardia Civil (incluída a unidade de drons do equipo Pegaso) Guardia Civil de Tráfico, Seprona, Policía Nacional e Autonómica e a UMA.
“Consideramos un éxito rotundo que en Nigrán se consolidase a idea dun San Xoan máis sostible medioambientalmente e non permitiremos que se repitan as imaxes do pasado”, resume o rexedor, Juan González.