O CONCELLO DE NIGRÁN CLAUSURA O CAMPUS CREATIVO DE BARRO COA PRESENZA DA ‘XERACIÓN XA!’
Os campus continúan sucesivamente a vindeira semana con comic, cociña e guitarra
O Concello de Nigrán rematou onte con ‘Barro e creación libre’ o segundo campamento creativo de verán escollido polas crianzas de Nigrán a través do órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ”Xeración Xa!’. Deste xeito, unha ducia de cativos disfrutaron do luns ao xoves do curso impartido pola nigranesa Nerea Vila no Centro da Terceira Idade da Ramallosa. A vindeira semana será ‘Manga e cómic’, con Coral Martínez (do 14 ao 17 de xuño); logo ‘Alimentación, cociña e nutrición’, con Iria Otero e Ramón Moes; e, finalmente, ‘Guitarra’ con Gain Over. Todos son gratuítos, coas prazas xa completas (12), de luns a xoves e impartidos por profesionais da comarca.
A ‘Xeración Xa!’, que acudíu con algúns dos seus representantes á clausura onte co alcalde e a edil de Educación, apostou nas súas asambleas mensuais por organizar campus máis creativos ou artísticos que complementasen aos deportivos que, tradicionalmente, xa ofrece o Concello. No encontro de hoxe aproveitaron para presentarlle o seu traballo ás crianzas asistentes ao campus de barro e os invitaron a sumarse a este órgano apuntándose en participacion@ateliersocial.org ou no 604086970.
“Aproveitando que a planta baixa do centro da terceira idade da Ramallosa está actualmente vacía e que é un sitio neurálxico, quixemos darlle este uso coa programación que eles mesmos deseñaron”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña o orgullo que supón “contar cunha infancia e adolescencia comprometida e participativa que permite ao Concello deseñar de verdade as políticias culturais, sociais ou medioambientais que eles mesmo deciden, sen imposicións desde un punto de vista só adulto”, considera.
A ‘Xeración Xa!’, o consello de participación infantil creado polo Concello de Nigrán no ano 2021, está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso destes campamentos. Entre os seus integrantes está Cayetana Guede (IES Val Miñor) e Carmen Vázquez (CEIP Humberto Juanes), voceiras da infancia e da mocidade de Nigrán en toda Galicia ao representar ao Concello de Nigrán no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), un espazo de diálogo e consulta que depende da Xunta de Galicia.
Todo este traballo e outras iniciativas fixeron posible que o Concello de Nigrán fose recoñecido o ano pasado por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’, isto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas, como é este caso. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.

