O concello de Nigrán con Aqualia para presentar o novo Concurso Dixital de Debuxo Infantil

adminON
Lectura mínima de 3

Está dirixido a 3 e 4 de Primaria e os traballos poderán presentarse ata o próximo 22 de marzo, Día Mundial da auga

A empresa Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento no Concello Nigrán, presenta a súa 22 edición do Concurso Dixital de Debuxo Infantil, dirixido a alumnado de 3º e 4º de Primaria. Este celébrase ao redor da súa web de educación ambiental www.aqualiayods6.com. Nesta edición, os máis novos poderán aprender, en compañía dos ‘Gardiáns Sostibles’, como a xestión eficiente do ciclo da auga é clave para a preservación da biodiversidade e os ecosistemas

Na web, os cativos atoparán as bases e materiais didácticos para participar no concurso. Nesta edición, os ‘Gardiáns Sostibles’ combaterán a ‘Climatrón’, o cambio climático, para devolver a saúde á Terra, unha aventura na que a boa xestión da auga é fundamental para coidar a biodiversidade. Unha vez acceden á web, atoparán varios materiais didácticos que lles axudarán a afrontar o reto: o vídeo explicativo sobre os ODS para nenos, o cómic ‘Misión Sostible: acción salvar o planeta’ e unha gran colección de novos carteis ilustrados. Neles acharán as pistas para contestar as preguntas sobre auga e cambio climático, e unha vez que as respondan terán acceso ao lenzo para empezar a crear. Aquí poderán escoller entre diferentes hábitats para abordar a súa misión. Como novidade deste ano, incorpóranse pequenas especies animais ás que os pequenos poderán axudar a recuperar o seu hábitat natural mentres descobren como coidar da biodiversidade. Ao finalizar a misión poderán descargarse un diploma que lles acredita como “Gardiáns Sostibles”.

O Concurso convócase, ademais de en España, nos 32 municipios xestionados por Aqualia nos departamentos de Guajira, Atlántico, Magdalena, Córdoba, Santander, Tolima e Norte de Santander, en Colombia. Os traballos poderán presentarse ata o próximo 22 de marzo, Día Mundial da auga.

Os participantes optarán a conseguir 10 premios individuais para os gañadores, 10 tarxetas para material deportivo valoradas en 250 euros cada unha; 250 premios para os nenos finalistas, consistentes nunha tarxeta (de 30 euros cada unha) para material deportivo; e un premio colectivo para un colexio, que consiste nun vale de 1.000 euros para material educativo. O nome dos gañadores difundirase, a partir do 5 de xuño (Día Mundial do Medio), a través da web de Aqualia (www.aqualia.com), na propia web do Concurso, en todas as oficinas de Aqualia e a través da conta de X (Twitter) @aqualia e de Instagram aqualia_official.

Comparte este artigo