O goberno ten incluído desde 2023 á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferes Mariños, con sede en Nigrán, no seu plan estratéxico de subvencións
“Fan unha labor importantísima en toda Galicia e temos a sorte de que estean en Nigrán, polo que nos parece fundamental difundir o seu traballo e os seus coñecementos”, explica o alcalde, quen abrirá este venres no Auditorio o curso ‘Mamíferos mariños, quenllas e tartarugas en Galicia’
O Concello de Nigrán achegará este ano novamente 4.000 € á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferes Mariños (CEMMA), con sede no municipio, para que poida levar adiante labores de educación ambiental, divulgación e ensino da fauna mariña, asi como concienciación e sensibilización social dos nosos recursos. A entidade está incluída desde o ano pasado no plan estratéxico de subvencións do Concello de Nigrán, en base ao cal se lle entrega esta subvención directa, feito que o alcalde lle comunicou onte persoalmente ao seu voceiro, Alfredo López, nas instalación do Ceán, onde teñen actualmente a dúas tartarugas.
“Fan unha labor importantísima en toda Galicia e temos a sorte de que estean en Nigrán, polo que nos parece fundamental difundir o seu traballo e os seus coñecementos”, explica o alcalde, Juan González, quen, precisamente, abrirá este venres no Auditorio o segundo curso ‘Mamíferos mariños, quenllas e tartarugas en Galicia’, para o cal está aberto o prazo de inscrición a través do mail cemmaorganizacion@gmail.com A formación incluirá unha parte teórica o venres a partir das 16:00 horas no Auditorio Municipal e a mañá do sábado 30 de 10:00 a 13:00 horas unha parte práctica en Praia América (avistamento costeiro, fotoidentificación e asistencia e rescate). “É unha oportunidade ideal para que toda a persoa interesada nestes animais mariños se forme da man dos maiores especialistas, esta é precisamente a sorte de ter a CEMMA en Nigrán”, valora.