Trátase dun trío formado por órgano Hammond, guitarra e batería que interpreta temas de funk, soul e disco dos anos 60, 70 e 80
O Concello de Nigrán continúa este domingo 18 de maio coa proposta cultural ‘Vermú de barrio’ a cargo de Groovin Folks na Praza do Concello ás 12:30 horas. Groovin Folks é un trío formado por órgano Hammond, guitarra e batería. Interpretan temas de funk, soul e disco dos anos 60, 70 e 80. As súas interpretacións son pura enerxía e emoción.
O ciclo finaliza o seguinte domingo 25 de maio con San Rockers na rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa). A iniciativa do Concello de Nigrán que arrrancou con Bluemonk o 27 de abril conta con parte da financiación a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra.