HomeVigoNigránO Concello de Nigrán continúa este domingo con Three Roosters o ‘Vermú...

O Concello de Nigrán continúa este domingo con Three Roosters o ‘Vermú de barrio’ ante o mural de Lula Goce na Ramallosa

- Anuncio -spot_img

O concerto terá lugar ás 12:30 horas diante desta pintura na rúa Argonautas, inaugurándose así a humanización da praciña ao seu carón

O Concello de Nigrán prosigue este domingo 11 de maio ás 12:30 horas (se as circunstancias meteorolóxicas o permiten) coa proposta cultural ‘Vermú de barrio’ co grupo Three Roosters como protagonistas da sesión musical na Ramallosa, diante do mural de Lula Goce na rúa Argonautas. Esta iniciativa cultural conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do ‘Plan + Provincia’. O Concello inaugura deste xeito a praciña situada ao carón da famosa pintura, xa que foi humanizada como lugar de lecer renovándose o firme e incorporando bancos e xardineiras.

Three Rooster é un conxunto nigranés de Rock, Blues Folk & Country en formato electroacústico con temas propios e versións. Naceu en plena pandemia e conta con Berto Misa á guitarra, Bruno Figueiras á voz e Fran Sánchez ao baixo.

A seguinte cita de ‘vermú de barrio’ será o domingo 18 de maio na Praza do Concello con Groovin Folks, un trío nigranés formado por órgano Hammond, guitarra e batería. Interpretan temas de funk, soul e disco dos anos 60, 70 e 80.

San Rockers pechará o ciclo o domingo 25 de maio cun concerto na Ramallosa (rúa Romana con Damas Apostólicas). Este é un grupo de catro músicos nacido na parroquia de Camos hai xa case 10 anos que conta con temas propios e que versiona temas de pop e rock dándolle unha interpretación moi particular, neste apartado poden aparecer animadas cancións case irrecoñecibles de Raphael ou Hombres G que fan levantar ao público.

Publicacións Relacionadas