Home Pontevedra O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia...

O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia da Atención Primaria

- Anuncio -

O BNG de Soutomaior vén de anunciar que levará a cabo un acto informativo sobre a importancia da Atención Primaria este venres, 26 de abril, a partir das 20:30 horas, no Multiusos de Arcade. Baixo o título, ‘A importancia dunha Atención Primaria forte e con recursos’, no acto falarase sobre a situación actual de precariedade na que vive a sanidade pública galega, con especial énfase na Atención Primaria, como consecuencia das políticas de recortes que durante anos leva a aplicar o PP na Xunta de Galicia.

No acto intervirán Iria Carreira, deputada do BNG no Parlamento Galego e médica de familia; Carmen Núñez, concelleira e portavoz do BNG en Tui e tamén médica de familia; e Gonzalo Otero, membro do BNG de Soutomaior. Ademais, no acto o BNG tamén seguirá coa recollida de sinaturas en defensa da sanidade pública de toda a veciñanza de Soutomaior.
O responsable local do BNG de Soutomaior, José Costas, animou á veciñanza a asistir ao acto deste venres, xa que “será unha magnífica oportunidade de coñecer cal é a situación real da sanidade pública galega da man de dúas profesionais do sector sanitario, e como lle afectan aos veciños e veciñas os recortes que o PP na Xunta leva anos a impoñer en toda Galicia”. “Uns recortes dos que somos ben coñecedores aquí en Soutomaior, onde levamos máis dun ano e medio sen pediatra e moitos anos cunha cantidade evidentemente escasa de persoal e recursos no centro de saúde de Arcade”, sinalou José Costas.

O responsable local do BNG tamén sinalou que “levamos moitos anos a traballar a carón da veciñanza para defender a nosa sanidade pública. Nas últimas semanas iniciamos unha nova campaña con diferentes iniciativas, como este acto informativo ou a recollida de firmas, e que se vai seguir prolongando ata que o PP en Soutomaior e na Xunta deixen de facer oídos xordos e escoiten as demandas de toda a veciñanza do noso concello. Estaremos na rúa, no concello da man do Goberno de Soutomaior e no Parlamento galego para deixarlle ben claro ao PP que non lle imos permitir acabar coa sanidade de toda a veciñanza de Soutomaior”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas