A liña que conectou a urbe olívica co Val Miñor a través da Ramallosa inaugurouse en setembro de 1926 transformando por completo a comarca
O 2 de decembro celebrarase unha conversa arredor dos desafíos da mobilidade actual
O Concello de Nigrán continúa este mércores 25 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa programación para conmemorar o centenario da liña do tranvía que uníu Vigo e a comarca a través da Ramallosa desde setembro de 1926 a finais de 1968. Nesta ocasión proxectarasen imaxes e curtas co tranvía como protagonista e José Barral Sánchez, da asociación ‘Enganchados ao pescante. Memorias dos tranvías de Vigo’, como guia da xornada.
Pola súa banda, o 2 de decembro no mesmo lugar levarase a cabo unha conversa para analizar a mobilidade actual e os seus desafíos. Finalmente, desde Nadal a finais de Xaneiro haberá unha exposición no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación). Toda a programación foi deseñada grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.
“Máis alá da súa función como medio de transporte, o tranvía forma parte da memoria colectiva do Val Miñor e constitúe un elemento de elevado valor patrimonial e identitario para Nigrán. A Ramallosa era o núcleo neurálxico desta liña e onde se ubicaban as cocheiras, e podemos dicir con orgullo que somos o único municipio que mantén viva a antiga estación a través de diferentes usos”, considera o alcalde, Juan González, quen incide na aposta persoal como historiador de preservar a memoria da localidade, aspecto ao que se vincula esta iniciativa ou o Arquivo Histórico Audiovisual online, as xornadas de recuperación da memoria histórica ou conmeracións de todo tipo como a revolucións dos caraveis…

