O Concello de Nigrán retoma este sábado 19 de outubro o ‘Outono de Teatro’ coa comedia ‘Os veciños do lado’ da compañía viguesa Fauna 113 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada é de balde ata completarse o aforo.
María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en princípio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que seica non todos temos algo que ocultar?

