Comezou a traballar no 1973 no ‘Sanatorio de Conxo’, polo que poderá achegar unha visión de primeira man sobre a ‘Vella e nova psiquiatría’
O Concello de Nigrán continúa conmemorando o ‘Día Mundial da saúde mental’ este venres 17 de outubro ás 20:00 horas no cine municipal do Centro Comercial A Ramallosa cunha charla do médico psiquiatra xubilado Antón Seoane-P Montenegro, que será presentado historiador Carlos Méixome, estando ambos moi vinculados á comarca. O obxectivo destas xornadas abertas a toda a cidadanía é ofrecer unha reflexión actual acerca da enfermidade mental.
Seoane comezou a traballar no 1973 no ‘Sanatorio de Conxo’, polo que poderá achegar unha visión de primeira man sobre a ‘Vella e nova psiquiatría’. El é un dos fundadores do Instituto Freudiano de Vigo (1979). A súa actividade clínica, sempre estivo relacionada co modelo asistencial do Hospital Público do Rebullón, tanto nas unidades de ingreso como ambulatorias.
As xornadas rematan o venres 24 de outubro abordando o tratamento ambulatorio a través de tres profesionais vinculados á unidade de saúde mental do Val Miñor (A Xunqueira); concretamente, Miguel A.Miguélez Silva (médico psiquiatra), Saba Fernández Domínguez (psicóloga) e Amador Pajares Domínguez (traballador social).



