O prazo extraordinario para solicitar esta axudas é ata o venres 10 de outubro. Está dirixido só a alumnado empadroado aquí e de colexios públicos do muncipio
O Concello de Nigrán abre un prazo extraordinario desde este luns 6 ao venres 10 de outubro (ambos incluidos) para solicitar axudas municipais para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar en Infantil no curso 2025/26. A contía é de 65 euros por cada neno/a e mantense o requisito indispensable de que os/as beneficiarios/as sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos/as matriculados/as en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil, 2ª etapa, no curso 2025-2026.
Os/as beneficiarios/as non deben superar o límite de recursos establecido nas bases, que se poden consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.



