Todos os sábados de decembro estarán adicados a cine infantil con temática de Nadal
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 29 de novembro ás 18:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa a película ‘Charlie y la fábrica de chocolate’ dirixida por Tim Burton e con Johnny Depp como protagonista (ano 2005). Como todas as proxeccións neste espazo público, é gratis mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo. A continuación, todos os sábados do mes de decembro estarán adicados a cine infantil con temática de Nadal, programación que próximamente desvelará o Concello.
Nesta exitosa adaptación da novela de Roal Dahl, Charlie Bucket (Freddie Highmore), un neno moi bo dunha familia moi pobre, gaña un concurso para gozar dunha visita dun día á xigantesca fábrica de chocolate do excéntrico Willy Wonka (Johnny Depp) e o seu equipo de Oompa-Loompas. Catro nenos máis de diferentes partes do mundo acompañarano a través dun mundo fantástico e máxico cheo de diferentes sabores.



