A imparten dúas especialistas do Centro de Saúde Val Miñor ás 17:00 horas no Auditorio Municipal
O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa do Centro de Saúde Val Miñor para ofrecer este xoves 4 de abril a charla ‘Etiquetado’ ás 17:00 horas no Auditorio Municipal a cargo da nutricionista Marta Losada e a enfermeira Beatriz Pérez. O obxectivo é explicar de xeito claro como hai que interpretar as etiquetas dos alimentos, en que debo fixarme para elixir o máis saudable, diferentes formas de chamarlle ao azucre e se realmente é verdade o de 0%. A entrada é de balde e aberta a toda aquela persoa interesada no tema.

