O CEIP da Cruz, Humberto Juanes e Estudio acolleron hoxe durante a hora de Educación Física unha sesión dirixida a rapazada de 5º e 6º de Primaria
O Concello de Nigrán, a través do clube nigranés de orientación ‘Raza Palleira’, organizador do Trail ‘Cinco Miradoiros’ no municipio, ofreceu hoxe cadansúa actividade deportiva nos colexios CEIP da Cruz (Camos), Humberto Juanes (Nigrán) e Estudio (Chandebrito). Esta desenvolveuse durante a hora de Educación Física entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria co obxectivo de promover o deporte de orientación entre as novas xeracións e nunha comarca onde cada vez se realizan máis competicións ao respecto. A actividade, ofrecida previamente a todos os centros educativos do municipio, foi levada a cabo de xeito altruísta por parte de deportistas de ‘Raza Palleira’.

