A modificación afecta desde a rúa dos Pazos ata o cruce con Teixugueira por ser o tramo máis estreito, a partir de aí permanece o dobre sentido habitual
“Responde a unha petición veciñal que, sen dúbida, mellora a seguridade vial porque ademáis permitirá delimitar unha franxa peonil”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que o Concello tratou de ampliar a rúa infructuosamente
O Concello de Nigrán ven de establecer o sentido único descendente en Camiño Vello (Nigrán) desde o seu aceso na rúa dos Pazos ata o cruce con Teixugueira. A partir deste tramo inicial de 250 metros mantense o dobre sentido habitual. A medida entrou hoxe en vigor e está xa totalmente sinalizada, sumándose unha patrulla da Policía Local á labor informativa durante estes primeiros días.
“Responde a unha petición veciñal que, sen dúbida, mellora a seguridade vial porque ademáis permitirá delimitar unha franxa peonil que demarcaremos mediante o pintado da rúa”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que o Concello tratou de ampliar a rúa infructuosamente ao non acadar as cesións necesarias de terreo por parte de todos os propietarios. “Traballamos durante anos para conquerir unha ampliación que permitise humanizar a estrada e foi imposible, polo que chegamos a esta solución que beneficia ao conxunto da veciñanza, que foi quen a propuxo”, engade o rexedor, quen sinala a diferencia con Bouzavella, onde a oposición era grande por parte dun sector da poboación porque o sentido único si supón un rodeo grande, “aquí non sucede, o rodeo é mínimo”.
O Camiño Vello é un vial secundario que aglutina a moitas vivendas e que comunica a rúa dos Pazos co centro urbano de Nigrán, polo que é empregado como atallo por moitos vehículos, provocando problemas de maniobrabilidade neste tramo máis estreito ao non caber dous coches simultaneamente, “polo que o cambio está máis que xustificado”.

