O Concello de Nigrán estrea este venres o seu programa especial de andainas de verán cun roteiro sobre o legado de Antonio Palacios

adminON
Lectura mínima de 2

O CONCELLO DE NIGRÁN ESTREA ESTE VENRES O SEU PROGRAMA DE ANDAINAS DE XULLO CUN ROTEIRO SOBRE ANTONIO PALACIOS

Celebraranse ata final de mes cinco andainas vinculadas co célebre arquitecto porriñés, co proxecto de Manuel Lemos para Praia América, sobre os segredos de Monteferro e ‘A praia dos afogados’ de Domingo Villar

O Concello de Nigrán estrea este venres 12 de xullo o seu programa especial de andainas de verán cun roteiro sobre o legado de Antonio Palacios no municipio (o Templo Votivo de Panxón é unha das súas obras cimeiras). Este terá lugar ás 18:00 horas e repetirase o sábado 27 de xullo ás 10:00 horas. A maiores, celebraranse neste mesmo mes andainas vinculadas ao proxecto de Manuel Lemos para Praia América (‘A Niza galega’, o 17 de xullo ás 17:30 horas), sobre os segredos de Monteferro (20 de xullo ás 10:00 horas) e o roteiro literario ‘A praia dos afogados’ de Domingo Villar (24 de xullo ás 17:00 horas). En todos os casos é imprescindible inscribirse previamente a través do mail oficinaturismo@nigran.org achegando nome, apelidos e teléfono de contacto. Para calquera información adicional está habilitado o número de teléfono 699859418 de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. O Concello de Nigrán organizará tamén no mes de agosto unha ampla programación de andainas que será anunciada convintemente.

Comparte este artigo