Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán estreará mañá en redes a curta documental sobre...

O Concello de Nigrán estreará mañá en redes a curta documental sobre a rehabilitación e a historia do muíño de Porto do Molle

- Anuncio -

Será pendurado na web www.arquivoaudiovisualnigran.org empregando a canle de Youtube do Concello. O vídeo forma parte da serie ‘Nigrán na memoria’

“A rehabilitación do muíño de Porto do Molle non é só física, hai unha Historia detrás del que tamén queríamos recuperar e que o conseguimos grazas a este documental no que interveñen as familias que o habitaron e un dos seus propietarios”, explica o alcalde e historiador, Juan González

O Concello de Nigrán realizou tamén en Chandebrito no 2023 o documental ‘A memoria da auga’, outro vídeo de relatos sobre a singular actividade muiñeira na parroquia (tamén dispoñible en www.arquivoaudiovisualnigran.org)

O Concello de Nigrán estreará mañá 24 de maio de maio ás 12:00 horas na súa canle de Youtube o documental sobre a rehabilitación e a historia do muíño de Porto do Molle, realizado por Cris Grande por encargo do Concello e estreado o día da súa inauguración o pasado 20 de abril. A curta, de 40 minutos de duración e coa seguinte ligazón en youtube https://youtu.be/b4qAoZQTylo será pendurada a súa vez na web do Concello www.arquivoaudiovisualnigran.org, creada no 2021 co obxectivo de recuperar e preservar o pasado máis recente do municipio e, por outra banda, difundilo. Este vídeo forma parte da serie ‘Nigrán na memoria’ que o Concello está a realizar e da que forman parte o documental de Rosalía, última redeira de Panxón; Esther Nande, única campameira do Val Miñor, e Rosa ‘de Malde’, última muiñeira de Camos.

“A rehabilitación do muíño de Porto do Molle non é só física, hai unha Historia detrás del que tamén queríamos recuperar e que o conseguimos grazas a este documental no que interveñen as familias que o habitaron e un dos seus propietarios”, explica o alcalde e historiador, Juan González, quen incide en que tamén se recolle o proceso enteiro de restauración para que todos os interesados poidan entender o seu funcionamento. “Ao partir de prácticamente 0 a rehabilitación, porque só quedaban en pé as paredes, o vídeo mostra perfectamente como se constrúe un muíño, como funciona, e como se nomea cada parte, algo hoxe moi descoñecido para todos hoxe en día”, explica. Neste sentido, compre subliñar que o Concello de Nigrán realizou tamén en Chandebrito no 2023 o documental ‘A memoria da auga’, outro vídeo de relatos sobre a singular actividade muiñeira na parroquia (tamén dispoñible en www.arquivoaudiovisualnigran.org).

O documental funcionará tamén como complemento perfecto para toda aquela visita didáctica que se realice ao muíño. “Seguimos documentando a Historia de Nigrán para mantela viva nas seguintes xerazóns. Ao igual que temos un arquivo histórico de imaxes de Nigrán, estamos a documentar oficios, tradicións e costumes que están desaparecer e que forman parte da nosa esencia”.

O muíño de Porto do Molle

O Concello investíu 250.000 euros na rehabilitación integral do muíño de Porto do Molle, situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde hai máis de 30 anos pese ao seu gran valor histórico e etnográfico. Así, o obxectivo do proxecto foi reparalo respectando ao máximo a súa orixinalidade e poñelo a funcionar mediante a reposición dos mecanismos (que estaban desaparecidos, igual que a cuberta) e da disposición dunha nova canle hidráulica. En definitiva, o Concello desexa por en valor esta edificación tradicional de excepcional interese cultural.

A construción, de gran valor histórico e catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC), é unha das máis grandes da comarca cunha planta rectangular de 25 x 6,5 m e chegou a ter tres moas en funcionamento, recuperándose agora unha. Trátase dunha edificación do S.XVIII que consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que ía a auga tras moverse o mecanismo de rotación (as obras e movementos de terra no parque empresarial implicaron soterrar a canalización de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que actualmente non ten conexión ao río, sen embargo, creouse un circuíto pechado para que poida funcionar).

Esta restauración, ademais de implicar un estudo histórico e control arqueolóxico da mesma, implicou repoñer e acondicionar a envolvente do edificio, restaurar os paramentos da edificación e infraestruturas hidráulicas e, finalmente, recuperar e repoñer os elementos xa desaparecidos de roturación e trituración. Así, na sala correspondente ao propio muíño fíxose unha intervención mínima instalando unha cuberta de madeira de castiñeiro con cerchas e correas, tal e como tradicionalmente se facía, e, adicionalmente, no chan se repararon as grandes lousas de granito que estaban deterioradas. Na sala que era vivenda ou almancén creouse unha pequena sala de exposicións ou multiusos cun sistema estrutural moderno a base de madeira laminada e tirantes de aceiro, ademais, habilitáronse dous aseos, un deles adaptado a persoas con mobilidade reducida. O edificio mantén tres accesos independentes: o do propio muíño, o da sala e un central que da ao vestíbulo desde onde acceder ás dúas salas ou wc. A maiores, intervíuse na zona verde da contorna do muíño, onde os desniveis de terras se adaptaron mediante bancais para permitir contemplar mellor todas as partes do muíño.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas